
Facer e responder unha chamada
Para facer unha chamada, introduza o número de teléfono, incluíndo o prefixo do país
e o prefixo da zona, se fose necesario. Prema a tecla de chamada para chamar ao
número. Desprácese arriba para subir o volume dos auriculares durante a chamada de
teléfono, ou ben abaixo para baixalo.
Para responder a unha chamada entrante, prema a tecla de chamada. Para rexeitar a
chamada sen responder, prema a tecla de fin.