
Comandos de voz e marcación por voz
Utilice o teléfono mediante comandos de voz e faga unha chamada dicindo un nome
gardado na Guía.
Os comandos de voz e a marcación por voz dependen do idioma. O recoñecemento de
voz non é compatible con todos os idiomas. Para ver os idiomas compatibles, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Teléfono
>
Axustes de idioma
>
Idioma de recoñe-cemento
de voz
. Para establecer o idioma de recoñecemento, seleccione o idioma desexado.
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en contornos con ruído ou
durante unha emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente na marcaxe por voz
en todas as circunstancias.
Para habituar o recoñecemento de voz do teléfono á súa voz, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Teléfono
>
Recoñecemento voz
>
Práctica de reco-ñecemento de
voz
.
Para activar un comando de voz para unha función, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Teléfono
>
Recoñecemento voz
>
Ordes por voz
, a característica e a función.
indica que o comando de voz está activado.
Para activar o comando de voz, seleccione
Engadir
. Para reproducir o comando de voz
activado, seleccione
Reprod.
.
Para administrar os comandos de voz, desprácese á función e seleccione
Opcións
.
Para usar os comandos de voz ou a marcación por voz no modo de espera, manteña
premida a tecla de selección dereita. Despois dun ton breve, aparecerá
Fale agora
. Diga
o comando ou o nome do contacto ao que quere chamar. Se o recoñecemento de voz
tivo éxito, aparecerá unha lista de correspondencias propostas. O teléfono reproduce o
comando de voz do primeiro resultado da lista. De non ser o comando correcto,
desprácese a outra entrada.