
Dispositivos médicos implantados
Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter unha separación mínima de 15,3 centímetros (6 polgadas) entre
o dispositivo sen fíos e os dispositivos médicos implantados, como os marcapasos ou os desfibriladores cardioversores
implantados, para evitar posibles interferencias co dispositivo médico. As persoas que dispoñan dos mencionados dispositivos
deberán:
•
Manter sempre o dispositivo sen fíos a unha distancia de 15,3 centímetros (6 polgadas) do dispositivo médico cando o
dispositivo sen fíos se atope acendido.
•
Non transportar o dispositivo sen fíos no peto da camisa.
•
Utilizar o dispositivo sen fíos no oído situado no lado contrario ao dispositivo médico para minimizar as posibles
interferencias.
•
Apagar o dispositivo sen fíos inmediatamente se sospeita que se producen interferencias.
•
Lea e respecte as instrucións do fabricante do dispositivo médico implantado.
Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do dispositivo sen fíos cun dispositivo médico implantado, póñase en
contacto co seu médico.