
Entorno operativo
O dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de uso no oído ou
pinza para o cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ó corpo, estes non deberán conter ningunha peza de metal e
deberá colocar o dispositivo á distancia indicada anteriormente.
Para transmitir ficheiros de datos ou mensaxes, o dispositivo require unha conexión de calidade á rede. Nalgúns casos, a
transmisión de ficheiros de datos ou mensaxes pode retrasarse ata que estea dispoñible a conexión. Asegúrese de respectar
as instrucións sobre a distancia de separación indicadas anteriormente ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible que os materiais metálicos sexan atraídos polo dispositivo. Non
coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é posible que se elimine
a información almacenada neles.