Nokia 2690 - Vehículos

background image

Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos dos vehículos,

por exemplo, os sistemas de inxección de combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade electrónicos

e os sistemas de airbag. Para obter máis información, póñase en contacto co fabricante, ou un representante deste, do vehículo

ou dos equipos instalados no mesmo.

O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun vehículo por parte de persoal cualificado. Unha instalación ou reparación

defectuosa pode resultar perigosa e pode invalidar a garantía do dispositivo. Comprobe regularmente que todos os dispositivos

sen fíos do vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin transporte líquidos inflamables, gases ou

materiais explosivos no mesmo compartimento que o dispositivo, os seus compoñentes ou accesorios. Nos vehículos equipados

con airbag, recorde que estes despréganse con gran forza. Non coloque obxectos, incluídos os equipos sen fíos instalados ou

portátiles, sobre o airbag ou na zona onde se desprega o airbag. Se o equipo sen fíos do vehículo se instala incorrectamente e

o airbag se desprega, é posible que se produzan lesións graves.

Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha aeronave. Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de

teledispositivos sen fíos nunha aeronave pode resultar perigoso para o funcionamento do avión, interferir coa rede telefónica

sen fíos e pode ser ilegal.