
Calendario e lista de tarefas
Seleccione
Menú
>
Organizad.
>
Axenda
. O día actual está marcado cun recadro. Se
se estableceu algunha nota para o día, este aparece en negriña.
Para poñer unha nota na axenda, desprácese ata unha data e seleccione
Opcións
>
Facer unha nota
.
Para ver as notas do día, seleccione
Ver
. Para eliminar todas as notas da axenda,
seleccione
Opcións
>
Borrar notas
>
Todas notas
.
Para ver a lista de tarefas, seleccione
Menú
>
Organizad.
>
Lista de tarefas
. Aparece
a lista de tarefas ordenada por prioridade. Para engadir, eliminar ou enviar unha nota,
para marcar a nota como realizada ou para ordenar a lista de tarefas por data límite,
seleccione
Opcións
.
Web ou Internet
Pode acceder a varios servizos de Internet co navegador do seu teléfono. A presentación
das páxinas web pode variar segundo o tamaño da pantalla. Pode que non vexa todos
os detalles das páxinas web.
Dependendo do teléfono, é posible que a función de navegación web aparezca no menú
como Web ou Internet, denominada en diante Web.
Importante: Utilice só servizos fiables e que ofrezan seguridade e protección axeitada
contra software daniño.
Para coñecer a dispoñibilidade destes servizos, os prezos e as instrucións, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
Pode recibir os parámetros de configuración necesarios para navegar como unha
mensaxe de configuración do seu fornecedor de servizos.
Conexión cun servizo web
Para conectarse ao servizo, seleccione
Menú
>
Web
>
Inicio
; ou, no modo de espera,
manteña premida a tecla 0.
Logo de conectarse ao servizo, pode comezar a navegar polas súas páxinas. A función
das teclas do teléfono pode variar segundo o servizo. Siga as guías de texto da pantalla
do teléfono. Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.